26 ago 2008

Raulito, o peito lobo...

Ai que alegría neeenaa, que voluptuosidaaad, xa temos os orzamentos aprobaaadooos... Que síi, que o lin no Faaarooo. Eu, mira, estíveno pensando moooito, pero é que sempre me fixo ilusión ter un pisito en Baiona e agora que podeeemos, vouno peediiir, que caraambas ou eu vou ser meeenoos, que Rosa a de Roque vai pedir que lle paguen a voda do fillo no Siete Tooorres... Seis anos sen orzamentos e agora... ai! estou emocionaadaa, fágome pis...
Eu fun de Raulito de toda a viidaa, buenoooo, ¿eu de Gonzaaloo?, caaa, francesista de toda a viiidaa... que ben lle saiu a xogaaada, que valieeente, que campeón, que peito looboo... Iso é arriscaar e non voar con Spanair... que intelixente foi toda a viiida de Dios... Sempre o voteeii, seempre, pero agora vou votalo dooble...
En cambio os oooutros, os tres mosqueteeeros, ai dios mio jesús, que espaanto,... O Manuel e o Gonzaalo ainda menos maaaal, pero o banqueeeiro... ooyee, que nada chica, que si a Palacín, que si Cabaneeelaas, que si mellor el ¿a que xogooou?. Non deixou de mareaar, de incordiaaar, e agora pon a excusaaa de levar os orzamentos aos tribunaaaiis, naaa, o único que lle queda aos Ciudadanos por Porriño, os chamados "urbanitas", é botarlle arrestos e reconfigurar Coloooores, e que as plumas sexan suplementos financieiros color seepia como os que repasa a diario o cerebro na sooombra...
¿E agora? Claaaaro, Pedro amañarame por fin a arqueeeta; e supoño que agora Marcos, mmmm, o meu león de Pontellas, o meu quente cachimén, traerá por fin á Pantoja para as Festas do Criiisto... buenoo, ai, O Porriño é unha feeesta... ¡¡que soen as gaitaas pola peatonal...!!

8 ago 2008

A cocción de censura

Tas jamada ou queee, pero tiiii, ¿canto por un manoxo de greeelos?, tas paaarva ou que chaacha... que eu tampouco teño os presupostos aprobaaaados... Carallo para a criiisis, agora vai resultar que para facer un cocido vou ter que convocar tamén un pleno extraordinaaariooo...
Pero si algo se está a coceeer é o da moción de censuuura, mamasiiiña, outra vez o cooontoo, e tumba e daaalle... Que si Neeelson, que si Manueeel, que si Gonzaaloo (o meu tarzán...), si se deixaran de parvadas e puxeran de alcalde a Marcelino Coootoo andaríamos todos finos de carallo. Buenooo...¿este? metíanos nun plan de aforro que eliminaba as orquestas do Cristo dun plumaaaazo, ¿queredes bailar? silbade un pasodoble...
En fin nena, estes naaada, que si nos reunimos en el Hotel Paaarque, que si nos vemos en el Caraaaacas, que si nos encontramos en una cafetería de Aaatioos...Que si yo te doy tú me das, que si quítate tu pa ponerme yo, que si me la enseñas yo te la enseño pero no se lo digas al ooootro... E naaaada, os votantes da dereita de toda a vida estamos metidos nun bucle miña filla... eu xa non sei... desta acabo no Rebullóoon...
Que non vai muuller que non vaaii...¿ti estás tola ou queee? que ían a facer as pandereteiras e os gaiteiros, nacionalistas como son de toda a viiidaa que hasta tiñan pósters de Castelao na habitación antes de que Raulito fora alcaaaaaldeee,...moorren...dálles un patatús...caa..
¿Quen? ¿o rapaz? ¿o Vaqueiiiro? ese nada muller boh... o Llanero Solitaaaariooo... chámalle paaaarvo, atopou na abstención un consolador máis grande que os que vende Cofe na teeendaaa... Menuda viravolta meteu...si marchara para Santiaaago dunha veeez...
Bueno neenaa...que deixei a mamá sola e xa sabes como está...¿ o outro día non lle botou a unha Lubina preciosa que eu deixara no forno protección solar 50?...aaai... Ala, marcho a ler Vigometropolitano antes de que Nelson colla a alcaldía e os confidenciais empecen a ser aburriiiidos. Que sexa o que Deus quera... por min Gonzalo, xa sabes... ai, que calor...!